CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

jueves, 18 de octubre de 2007

QUEN SOMOS


PROLOGOS é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por estudantes de Ciencias Políticas. É unha organización apartidista, é dicir, non defende nin representa a posición ideolóxica dun determinado partido nin pertence a organización política ou sindical algunha; pero non apolítica xa que cada membro de PROLOGOS sí ten as súas ideas políticas, sí ten unha determinada visión da sociedade e do mundo que nos rodea.

As persoas que formamos Próximos Politólogos en Asociación somos como calquera outro universitario: aprobamos e suspendemos, imos ao cine, saímos os xoves á noite, pirateamos, fotocopiamos, ....E cremos que non perdemos o tempo cando adicamos unhas horas á semana a intentar conseguir que a nosa Facultade de Ciencias Políticas sexa máis participativa, democrática e dinámica.

PROLOGOS ten como fíns:

1. Defender os intereses e dereitos dos estudantes de Ciencias Políticas, é dicir:

- O dereito a recibir unha formación e unha docencia cualificada e actualizada, tanto nos seus contidos coma nos seus métodos pedagóxicos.

- O dereito a ser avaliado obxectivamente no seu rendemento académico.

- O dereito a participar no control da calidade da docencia e na elaboración dos criterios xerais de avaliación desta, consonte aos procedementos previstos polos órganos de goberno da Universidade.

- O dereito a ser protexido polo réxime de aseguramento establecido legalmente.

- O dereito á propiedade intelectual dos traballos orixinais artísticos, científicos ou técnicos que realice no marco da súa actividade discente.

- O dereito a recibir orientación educativa e profesional a través do persoal dos servizos correspondentes.

- O dereito a que se lles faciliten os medios necesarios para recibir unha formación e docencia cualificada e actualizada en igualdade de condicións nos estudos elixidos, en especial se teñen algunha dificultade física, psíquica ou sensorial.

2. Representar a éstos nos órganos de goberno e xestión da Universidade de Santiago de Compostela.

3. Ofrecer servizos de asistencia e de información a toda a Comunidade Universitaria.

4. Promover eventos culturais, formativos, educativos, lúdicos e deportivos que axuden ao desenvolvemento integral do estudante.

5. Apoiar e colaborar con outras asociacións que defendan os intereses dos estudantes dentro do ámbito universitario.

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi