CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

martes, 25 de diciembre de 2007


domingo, 16 de diciembre de 2007

GRAZAS POR CONFIAR EN NÓS


As persoas que ante estes momentos de crispación, ante toda a adversidade...grazas por confiar en nós e darnos o voso voto.

A pesar de que os resultados non foron os mellores para nós, xa que só obtivemos representación no terceiro ciclo, seguiremos traballando polo ben da nosa facultade, polo ben do alumnado.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

VOTA PROLOGOS

Hoxe é o día das eleccións e animamos a todos os estudantes de ciencias políticas a exercer o seu dereito ao voto.

lunes, 10 de diciembre de 2007

DEBATE PLANO DE ESTUDOS

Hoxe ás 19.00h no Salón de Graos de Ciencias Políticas, PROLOGOS celebra un debate sobre o plano de estudos ao que se convidou a profesores a favor: Antón Losada, Ramón Máiz e Julio Cabrera (xa confirmaron a súa asistencia) e a profesores en contra: Ramón Bouzas, Irene Rodríguez e Celestino García, que se negaron a participar polas seguintes razóns:
Acusamos recibo de vuestra invitación tanto por escrito como por medio del correo electrónico. Os comunicamos que declinamos aceptarla por las siguientes razones:
En primer lugar, tal como consta en escrito de fecha 4 de diciembre de 2007 entregado a la Decana de la Facultad, un grupo de profesores entre los cuales nos encontramos los tres invitados por vosotros al debate expresamos nuestra oposición no al plan de estudios, puesto que consideramos que el listado de títulos de asignaturas que se nos ha remitido por parte del decanato no constituye tal plan, sino al proceso seguido para su elaboración.
En este sentido, no cabe debatir el plan dado que, a nuestro juicio, el procedimiento, viciado, priva de la condición de plan a cualquier resultado, por muy ajustado que sea su contenido a los requisitos de este carácter establecidos por las normas o directrices oportunas.
En segundo lugar, ninguno de los tres profesores invitados estamos en condiciones de debatir, puesto que, como también se hace constar en el mencionado escrito, no hemos recibido información alguna por los cauces institucionales pertinentes y carecemos, por lo tanto, de toda base normativa o fáctica para expresar opiniones y argumentos a favor o en contra de plan alguno, incluso si éste estuviera ya a nuestra disposición.

Atentamente, Ramón Bouzas Lorenzo, Celestino García Arias, Irene Rodríguez Manzano.

lunes, 3 de diciembre de 2007

PROLOGOS APOIA O BORRADOR DO PLANO DE ESTUDOS

FUNCIONAMENTO DA XUNTA DE FACULTADE:

-Na Xunta de Facultade todos os representantes do estudantado (9 PROLOGOS, 5 CAF) teñen dereito a voto, e son representantes elixidos democráticamente polos estudantes de Ciencias Políticas.
-Na Comisión designada para a elaboración do borrador de anteproxecto do plano de estudos, o representante do estudantado foi Arturo Casal por renuncia dos CAF a participar no proceso (ainda que nun principio tiñan interese en facelo).
-A aprobación do borrador do plano de estudos farase en Xunta de Facultade, polo que TODOS OS REPRESENTANTES ESTUDANTÍS teñen VOTO (non só conta a opinión de Arturo Casal como se ten manifestado).

BORRADOR DE ANTEPROXECTO DO PLANO DE ESTUDOS:

-Realizado en comisión, seguindo as directrices legais establecidas pola Comisión de Titulacións do Claustro da USC, supón a aplicación do Plan Bolonia e do Real Decreto 1393/2007, aprobado o 29 de outubro, polo Ministerio de Educación.
-Inclúe as seguintes modificacións:
Asignaturas cuatrimestrais, de 6 créditos
Clases de 1 hora (gran demanda do estudantado), dúas horas á semana a asignatura.
As asignaturas non desaparecen, só cambian de nome e ven reducido o seu temario.
-Elaborouse dunha forma moi criticable debido á información escasa, contradictoria e interesada, e sobre todo á INCAPACIDADE DO DECANATO para ampliar os prazos, falta de transparencia e oscurantismo.

Pero todo isto vese xustificado pola necesidade de afianzar as competencias na ensinanza en Ciencia Política e Xestión Pública para a nosa carreira, xa que no caso de que a Universidade da Coruña ou a de Vigo aprobasen antes uns planos de estudo de xestión pública e políticas públicas, a nosa facultade perdería as súas competencias e veríamos obrigados a dedicarnos única e exclusivamente:
Á filosofía política ou incluso a PECHAR!!! Se non aprobamos agora o plano de estudos, no futuro, o noso título non servirá para nada.

Por todo isto, os membros de PROLOGOS votarán Sí ao novo plano de estudos na próxima Xunta de Facultade.

lunes, 26 de noviembre de 2007

CONFERENCIA SOBRE O EEES

PROLOGOS organiza, este mércores 28 de novembro ás 20.00h no Salón de Graos de Ciencias Políticas, unha conferencia sobre o Espazo Europeo de Educación Superior. Contaremos para elo co Vicerreitor de Ordenación Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da USC, Máximo Pló.

jueves, 22 de noviembre de 2007

SEMINARIO DE BANCA E FINANZAS

Xoel Ben Ramos, xerente comercial de Caixa Galicia, foi o encargado de dar inicio ao Seminario de Banca e Finanzas que organiza PROLOGOS coa colaboración da Escuela de Finanzas. Nesta primeira xornada falouse dos fondos de inversión, das hipotecas, da responsabilidade social corporativa, do capital risco, das pensións...
Hoxe, Ismael Blanco Casais, xestor comercial de Banco Etcheverría, falará sobre planificación e estratexía, a detección de necesidades e da nova normativa europea de mercados e instrumentos financieiros (MIFID).

Foto: Xoel Ben Ramos e asistentes ao seminario no Salón de Graos de Ciencias Políticas.

Sitio de interese: http://www.escueladefinanzas.com/

martes, 20 de noviembre de 2007

SEMINARIO GRATUITO DE BANCA E FINANZAS

PROLOGOS organiza, en colaboración coa Escuela de Finanzas da Coruña, un Seminario GRATUITO de Banca e Finanzas, que se levará a cabo os días 21 e 22 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas. Para poder asistir só tes que enviar un e-mail co teu nome e DNI a: aprologos@gmail.com.
Entregarase diploma acreditado pola Escuela de Finanzas e haberá agasallos para todos aqueles que asistan (camisetas, bolígrafos, etc.).

PROGRAMA DO SEMINARIO DE BANCA E FINANZAS:

Mércores, 21 de novembro.

17.00 a 18.15h. Planificación Financieira. Xoel Ben Ramos, colaborador do equipo docente da Escuela de Finanzas. Xestor Comercial de Caixa Galicia.
18.15 a18.30h. Descanso.
18.30 a 19.45h. Produtos de Inversión.
19.45 a 20.00h. Descanso.
20.00 a 21.00h. Novos Formatos na Banca do S.XXI.

Xoves, 22 de novembro.

17.00 a 19.00h. Planificación e Estratexia. Ismael Blanco Casais. Colaborador do Equipo docente da Escuela de Finanzas. Xestor Comercial do Banco Etcheverría.
19.00h. a 19.15h. Descanso.
19.15 a 21.00h. Detección de Necesidades, Argumentación. Presentación Normativa MIFID.

viernes, 16 de noviembre de 2007

GRACIAS A TODOS!

PROLOGOS congratúlase do éxito acadado co I FORO DE EMPREGO da USC, no cal participaron 30 empresas e máis de 1000 universitarios.
O Foro, do cal PROLOGOS formaba parte do Comité Organizador, tiña como obxectivo fomentar o emprego e o achegamento das empresas aos estudantes de calquera das titulacións da USC.

Máis información: http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1&idMenu=5&idNoticia=232458

http://chuza.org/historia/estudantes-boicotam-i-foro-do-emprego-da-usc/

martes, 13 de noviembre de 2007

I FORO DE EMPREGO DA USC

Próximos Politólogos en Asociación (PROLOGOS) no seu compromiso de ofrecer servizos de asistencia e de información a toda a Comunidade Universitaria, forma parte do Comité Organizador do I FORO DE EMPREGO da USC que se celebrará os próximos 14 e 15 de novembro na Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
Nos dous días que dura este evento, as empresas van estar presentes cos seus postos, nos que terás a oportunidade de falar con persoal dos seus departamentos de RRHH. Van facer presentacións (vos amosarán a qué se dedica a empresa, qué perfís está buscando, cál é a proxección dentro da mesma...), van recoller currículos e incluso algunha destas empresas pode facer entrevistas persoais ou probas de selección.

Ademáis poderas obter un CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN GRATUITO e optar a numerosos premios. Para iso inscríbete na web http://www.forodeempregousc.com/ (tes de prazo até o 14 de novembro) Á túa chegada ao Foro, recolle a túa cartilla de asistencia no stand de información. Asegúrate de que che selan a casilla correspondente despois de cada conferencia. A cantas máis presentacións asistas, maior será a probabilidade de que gañes estupendos premios. Podes visitar o stand de información para informarte dos premios e o horario dos sorteos.

O xoves 15 ás 12:00: *O Colexio Profesional: un recurso de utilidade na busca de emprego. SALÓN DE GRAOS
Representantes dos Colexios Profesionais de Economistas, POLITÓLOGOS e Sociólogos, Biólogos, Asociación Galega de Enxeñeiros Químicos.
*Modera: Arturo Casal Piñón, Presidente de Próximos Politólogos en Asociación (PROLOGOS).

Autobús gratuito entre o Campus Sur e o Norte entre ás 9.30 (ás 10.30 o día 15) e ás 19.30 con saída no edificio de FEUGA.

lunes, 12 de noviembre de 2007

Profesorado de Ciencia Política I e Ciencia Política II

¿Por que están vacantes as prazas de profesor de Ciencia Políta I e Ciencia Política II?

- A de Ciencia Política I quedou vacante porque a profesora que a impartía, Marta Lois, deu a luz e acolleuse ao período de maternidade.
- A de Ciencia Política II quedou vacante porque a profesora que impartía a asignatura, Isabel Díz (Tita), foi nomeada, a principios de xullo, Coordinadora da Oficina de Igualdade da USC, tendo dereito a unha reducción de docencia, dereito do que fai uso.
Ante isto, o equipo decanal pídelle ao Reitorado a apertura do procedemento administrativo, saíndo convocadas as prazas a principios de setembro. O proceso de selección de profesor dura un mínimo de 2 meses e medio, debido aos prazos establecidos pola Lei de Procedemento Administrativo. Desta forma, comezado o curso o proceso estaba á mitade.

¿Que fixo PROLOGOS?

PROLOGOS presionou para dar unha solución o máis rápida posible á falta de profesorado. O froito desta presión foi a reunión realizada o pasado xoves 8 de novembro entre o equipo decanal e as organizacións estudantís con representación na Xunta de Facultade. Tras unha longa e dura discusión, PROLOGOS conseguiu que a decana se comprometese a que nesta semana se incorporarían os profesores de Ciencia Política I e de Ciencia Política II, e que no caso de que algún dos 2 profesores non se incorporase, un profesor do Departamento de Ciencia Política asumiría a impartición da materia correspondente, sendo ésta, agora sí, materia de exame. Se este compromiso non se cumplise, PROLOGOS tomaría as medidas de presión pertinentes para facelo cumplir.

DEMAGOXIA. MENTIRAS e MANIPULACIÓN.

Non é certo que os que convocaron a folga ilegal do pasado mércores 7 de novembro fosen representantes do estudantado, pois estes non foron elixidos democráticamente polos estudantes de Ciencias Políticas. É vergonzoso e penoso querer arrebatar a vontade estudantil e a representación lexítima que deriva da mesma.

Míntese ao argumentar que esa folga ilegal era en defensa dos dereitos do estudantado, xa que quedou demostrado que o que había detrás diso era un interés única e exclusivamente electoralista, pois en ningún momento se buscou o consenso e o diálogo, nin se quixo contar coas organizacións estudantís que teñen representantes electos polos estudantes e nin tan sequera se intentou esgotar os cauces formais, para os cales os convocantes da folga ilegal non teñen capacidade de xestión ao non ser representantes de alumnos.
PROLOGOS ten claro que antes de apoiar e levar a cabo un acto antisistema, débese buscar o consenso e o diálogo cos actores implicados e responsables.
Condenamos o perxuizo que puido causar esa folga ilegal aos estudantes que desexaban acudir á súa aula, pois están no seu dereito ao ter pagado as taxas de matrícula.
Condenamos a demagoxia barata, as mentiras e a manipulación que se levou a cabo por parte de algúns nun tema tan serío e trascendente para o estudantado, e facemos un chamamento ao sentido común e á unidade estudantil.

jueves, 8 de noviembre de 2007

ANTÓN LOSADA EN ESTADO PURO

Interesante entrevista a Antón Losada, realizada por EL PAIS no mes de setembro, tralo seu cese como Secretario Xeral de Relacións Institucionais. Como sabedes Antón Losada é profesor da nosa facultade e durante os dous últimos anos formou parte do Goberno Galego.
"De todo lo que he leído estos días, la principal acusación contra mí es que soy una persona de mal carácter. Tengo que confesarme culpable, lo admito". "La manipulación a la que se somete la información política en los informativos de TVG me parece escandalosa"

A entrevista completa en: "El País"

sábado, 3 de noviembre de 2007

ESTUDANTES EN DEFENSA DA LIBERDADE


Un grupo de membros do Parlamento de Jóvenes y Estudiantes de Venezuela estiveron de visita por España e Francia para recabar apoios contra a reforma constitucional de Hugo Chávez.
Foron recibidos por membros gobernamentais de Francia, pola Asociación de Periodistas Europeos, por estudantes de Granada e Madrid, e tamen estiveron en Santiago convidados por PROLOGOS. Denuncian que a reforma constitucional supón o recorte de liberdades, a dependencia total de todos os poderes do Goberno e a militarización das institucións do Estado.

Na foto: Patricia Quiñones y Gustavo Gandica (membros do Parlamento de Jovenes y Estudiantes de Venezuela) con Arturo Casal, presidente de PROLOGOS.

Mais información: El correo gallego

jueves, 18 de octubre de 2007

QUEN SOMOS


PROLOGOS é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por estudantes de Ciencias Políticas. É unha organización apartidista, é dicir, non defende nin representa a posición ideolóxica dun determinado partido nin pertence a organización política ou sindical algunha; pero non apolítica xa que cada membro de PROLOGOS sí ten as súas ideas políticas, sí ten unha determinada visión da sociedade e do mundo que nos rodea.

As persoas que formamos Próximos Politólogos en Asociación somos como calquera outro universitario: aprobamos e suspendemos, imos ao cine, saímos os xoves á noite, pirateamos, fotocopiamos, ....E cremos que non perdemos o tempo cando adicamos unhas horas á semana a intentar conseguir que a nosa Facultade de Ciencias Políticas sexa máis participativa, democrática e dinámica.

PROLOGOS ten como fíns:

1. Defender os intereses e dereitos dos estudantes de Ciencias Políticas, é dicir:

- O dereito a recibir unha formación e unha docencia cualificada e actualizada, tanto nos seus contidos coma nos seus métodos pedagóxicos.

- O dereito a ser avaliado obxectivamente no seu rendemento académico.

- O dereito a participar no control da calidade da docencia e na elaboración dos criterios xerais de avaliación desta, consonte aos procedementos previstos polos órganos de goberno da Universidade.

- O dereito a ser protexido polo réxime de aseguramento establecido legalmente.

- O dereito á propiedade intelectual dos traballos orixinais artísticos, científicos ou técnicos que realice no marco da súa actividade discente.

- O dereito a recibir orientación educativa e profesional a través do persoal dos servizos correspondentes.

- O dereito a que se lles faciliten os medios necesarios para recibir unha formación e docencia cualificada e actualizada en igualdade de condicións nos estudos elixidos, en especial se teñen algunha dificultade física, psíquica ou sensorial.

2. Representar a éstos nos órganos de goberno e xestión da Universidade de Santiago de Compostela.

3. Ofrecer servizos de asistencia e de información a toda a Comunidade Universitaria.

4. Promover eventos culturais, formativos, educativos, lúdicos e deportivos que axuden ao desenvolvemento integral do estudante.

5. Apoiar e colaborar con outras asociacións que defendan os intereses dos estudantes dentro do ámbito universitario.

 
Elegant de BlogMundi