CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

lunes, 12 de noviembre de 2007

Profesorado de Ciencia Política I e Ciencia Política II

¿Por que están vacantes as prazas de profesor de Ciencia Políta I e Ciencia Política II?

- A de Ciencia Política I quedou vacante porque a profesora que a impartía, Marta Lois, deu a luz e acolleuse ao período de maternidade.
- A de Ciencia Política II quedou vacante porque a profesora que impartía a asignatura, Isabel Díz (Tita), foi nomeada, a principios de xullo, Coordinadora da Oficina de Igualdade da USC, tendo dereito a unha reducción de docencia, dereito do que fai uso.
Ante isto, o equipo decanal pídelle ao Reitorado a apertura do procedemento administrativo, saíndo convocadas as prazas a principios de setembro. O proceso de selección de profesor dura un mínimo de 2 meses e medio, debido aos prazos establecidos pola Lei de Procedemento Administrativo. Desta forma, comezado o curso o proceso estaba á mitade.

¿Que fixo PROLOGOS?

PROLOGOS presionou para dar unha solución o máis rápida posible á falta de profesorado. O froito desta presión foi a reunión realizada o pasado xoves 8 de novembro entre o equipo decanal e as organizacións estudantís con representación na Xunta de Facultade. Tras unha longa e dura discusión, PROLOGOS conseguiu que a decana se comprometese a que nesta semana se incorporarían os profesores de Ciencia Política I e de Ciencia Política II, e que no caso de que algún dos 2 profesores non se incorporase, un profesor do Departamento de Ciencia Política asumiría a impartición da materia correspondente, sendo ésta, agora sí, materia de exame. Se este compromiso non se cumplise, PROLOGOS tomaría as medidas de presión pertinentes para facelo cumplir.

DEMAGOXIA. MENTIRAS e MANIPULACIÓN.

Non é certo que os que convocaron a folga ilegal do pasado mércores 7 de novembro fosen representantes do estudantado, pois estes non foron elixidos democráticamente polos estudantes de Ciencias Políticas. É vergonzoso e penoso querer arrebatar a vontade estudantil e a representación lexítima que deriva da mesma.

Míntese ao argumentar que esa folga ilegal era en defensa dos dereitos do estudantado, xa que quedou demostrado que o que había detrás diso era un interés única e exclusivamente electoralista, pois en ningún momento se buscou o consenso e o diálogo, nin se quixo contar coas organizacións estudantís que teñen representantes electos polos estudantes e nin tan sequera se intentou esgotar os cauces formais, para os cales os convocantes da folga ilegal non teñen capacidade de xestión ao non ser representantes de alumnos.
PROLOGOS ten claro que antes de apoiar e levar a cabo un acto antisistema, débese buscar o consenso e o diálogo cos actores implicados e responsables.
Condenamos o perxuizo que puido causar esa folga ilegal aos estudantes que desexaban acudir á súa aula, pois están no seu dereito ao ter pagado as taxas de matrícula.
Condenamos a demagoxia barata, as mentiras e a manipulación que se levou a cabo por parte de algúns nun tema tan serío e trascendente para o estudantado, e facemos un chamamento ao sentido común e á unidade estudantil.

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi