O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a sexta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras.
Entre os obxectivos deste premio están o de desenvolver iniciativas anovadoras relacionadas coa planificación e normalización lingüísticas, e promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria respecto da situación da lingua galega.
Está dirixido a todos os membros da comunidade universitaria galega ben sexa a título individual, ben sexa de xeito colectivo a través da constitución de equipos de traballo, caso das comisións de normalización lingüística dos centros universitarios ou das asociacións estudantís.
As dúas modalidades de premio son:
- Modalidade A: Premio de 3000 euros ao deseño dunha acción normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
- Modalidade B: Premio de 1500 euros a unha idea para a promoción do galego que de xeito razoado explique unha proposta cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do galego no contexto universitario.
As tres universidades comprométense, sempre que for posible, a realizar a campaña que resulte gañadora ao ano seguinte ao da resolución do premio.
Consulta o texto íntegro da convocatoria
Tríptico informativo
CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS
miércoles, 7 de octubre de 2009
Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras
sábado, 25 de abril de 2009
miércoles, 1 de abril de 2009
FOEMINAS
martes, 18 de noviembre de 2008
jueves, 13 de noviembre de 2008
lunes, 10 de noviembre de 2008
viernes, 7 de noviembre de 2008
sábado, 18 de octubre de 2008
II Foro de Emprego da USC
O II Foro de Emprego da USC celebrarase os días 11 e 12 de novembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e o 13 do mesmo mes na de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, organizado conxuntamente polas vicerreitorías de Comunidade Universitaria e Compromiso Social e de Coordinación do Campus de Lugo, a través dos seus Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE).
martes, 2 de septiembre de 2008
viernes, 22 de agosto de 2008
SEMINARIO TEÓRICO PRÁCTICO SOBRE EL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS
El Congreso de los Diputados, en el ámbito de sus actividades destinadas a difundir el mejor conocimiento de la Institución Parlamentaria ha decidido convocar un Seminario Teórico Práctico cuyo objetivo consiste en facilitar información y formación intensiva sobre el Congreso de los Diputados a estudiantes de los dos últimos cursos de la licenciatura en Derecho o en Ciencias Jurídicas, combinada o no con otras especialidades universitarias, Ciencias de la Administración o Ciencias Políticas y Ciencias de la Información o Periodismo, de universidades o centros universitarios públicos o privados, de España o cualquier otro país miembro de la Unión Europea, siempre que en este caso acrediten un nivel suficiente de lengua española y tengan conocimiento del sistema jurídico, político o mediático español y, específicamente, del sistema constitucional y parlamentario de España.
Convocatoria del II Seminario (20 - 24 de octubre de 2008)
jueves, 3 de julio de 2008
lunes, 2 de junio de 2008
CURSOS DE VERÁN 2008
Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia.
Os/as estudantes da USC recibirán, ademais o certificado dos créditos de libre configuración.
É requisito tanto para a obtención do diploma como do certificado do crédito a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas, e é responsabilidade de cada director de curso o control da dita asistencia.
A Universidade de Santiago de Compostela recoñece os Cursos de Verán 2008 aos efectos de libre configuración coa equivalencia 1 curso = 2 créditos, nos casos de cursos de 30 ou máis horas lectivas, e de 1 xornadas ou seminario = 1 crédito para as actividades de menos de 30 horas. As universidades de Coruña e Vigo recoñecerán a mesma equivalencia para estudantes destas universidades.
Preme no título para ler o resto da información
miércoles, 21 de mayo de 2008
III CONCURSO DE INICIATIVAS UNIVERSITARIAS
Trátase de desenvolver iniciativas, ideas ou proxectos de investigación en temas relacionados coa seguridade viaria, e que poidan ser levados á práctica, valorando de xeito especial a orixinalidade e a creatividade, e por riba de todo, que ás propostas sexan viables, para así intentar mellorar ás pautas cívico-viarias dá xente nova.
Ás propostas tamen poden ser en forma de películas, cómics, música, debuxos animados, etc. Sempre que a mensaxe teña que ver coa mobilidade.
Trátase de sensibilizar os mozos e mozas, tendo en conta ,que é un colectivo dos máis afectados, xa que os accidentes de tráfico, representan unha dás primeiras causas de mortalidade, e por iso, queremos que sexan partícipes dos proxectos e programas para intentar previr os riscos que padecen na súa mobilidade.
Premios
1º premio: 1.000 euros + ordenador portátil
2º premio: 750 euros+ ordenador portátil
3º premio: 500 euros+ ordenador portátil
Accésit: Un IPod touch
Os premios non poderán ser acumulativos nin divisibles e poderán ser declarados desertos polo xurado.
Máis información: http://www.dgt.es/was6/portal/contenidos/documentos/la_dgt/recursos_humanos_empleo/oposiciones/stopaccidentes.pdf














