CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

lunes, 26 de noviembre de 2007

CONFERENCIA SOBRE O EEES

PROLOGOS organiza, este mércores 28 de novembro ás 20.00h no Salón de Graos de Ciencias Políticas, unha conferencia sobre o Espazo Europeo de Educación Superior. Contaremos para elo co Vicerreitor de Ordenación Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da USC, Máximo Pló.

jueves, 22 de noviembre de 2007

SEMINARIO DE BANCA E FINANZAS

Xoel Ben Ramos, xerente comercial de Caixa Galicia, foi o encargado de dar inicio ao Seminario de Banca e Finanzas que organiza PROLOGOS coa colaboración da Escuela de Finanzas. Nesta primeira xornada falouse dos fondos de inversión, das hipotecas, da responsabilidade social corporativa, do capital risco, das pensións...
Hoxe, Ismael Blanco Casais, xestor comercial de Banco Etcheverría, falará sobre planificación e estratexía, a detección de necesidades e da nova normativa europea de mercados e instrumentos financieiros (MIFID).

Foto: Xoel Ben Ramos e asistentes ao seminario no Salón de Graos de Ciencias Políticas.

Sitio de interese: http://www.escueladefinanzas.com/

martes, 20 de noviembre de 2007

SEMINARIO GRATUITO DE BANCA E FINANZAS

PROLOGOS organiza, en colaboración coa Escuela de Finanzas da Coruña, un Seminario GRATUITO de Banca e Finanzas, que se levará a cabo os días 21 e 22 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas. Para poder asistir só tes que enviar un e-mail co teu nome e DNI a: aprologos@gmail.com.
Entregarase diploma acreditado pola Escuela de Finanzas e haberá agasallos para todos aqueles que asistan (camisetas, bolígrafos, etc.).

PROGRAMA DO SEMINARIO DE BANCA E FINANZAS:

Mércores, 21 de novembro.

17.00 a 18.15h. Planificación Financieira. Xoel Ben Ramos, colaborador do equipo docente da Escuela de Finanzas. Xestor Comercial de Caixa Galicia.
18.15 a18.30h. Descanso.
18.30 a 19.45h. Produtos de Inversión.
19.45 a 20.00h. Descanso.
20.00 a 21.00h. Novos Formatos na Banca do S.XXI.

Xoves, 22 de novembro.

17.00 a 19.00h. Planificación e Estratexia. Ismael Blanco Casais. Colaborador do Equipo docente da Escuela de Finanzas. Xestor Comercial do Banco Etcheverría.
19.00h. a 19.15h. Descanso.
19.15 a 21.00h. Detección de Necesidades, Argumentación. Presentación Normativa MIFID.

viernes, 16 de noviembre de 2007

GRACIAS A TODOS!

PROLOGOS congratúlase do éxito acadado co I FORO DE EMPREGO da USC, no cal participaron 30 empresas e máis de 1000 universitarios.
O Foro, do cal PROLOGOS formaba parte do Comité Organizador, tiña como obxectivo fomentar o emprego e o achegamento das empresas aos estudantes de calquera das titulacións da USC.

Máis información: http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1&idMenu=5&idNoticia=232458

http://chuza.org/historia/estudantes-boicotam-i-foro-do-emprego-da-usc/

martes, 13 de noviembre de 2007

I FORO DE EMPREGO DA USC

Próximos Politólogos en Asociación (PROLOGOS) no seu compromiso de ofrecer servizos de asistencia e de información a toda a Comunidade Universitaria, forma parte do Comité Organizador do I FORO DE EMPREGO da USC que se celebrará os próximos 14 e 15 de novembro na Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
Nos dous días que dura este evento, as empresas van estar presentes cos seus postos, nos que terás a oportunidade de falar con persoal dos seus departamentos de RRHH. Van facer presentacións (vos amosarán a qué se dedica a empresa, qué perfís está buscando, cál é a proxección dentro da mesma...), van recoller currículos e incluso algunha destas empresas pode facer entrevistas persoais ou probas de selección.

Ademáis poderas obter un CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN GRATUITO e optar a numerosos premios. Para iso inscríbete na web http://www.forodeempregousc.com/ (tes de prazo até o 14 de novembro) Á túa chegada ao Foro, recolle a túa cartilla de asistencia no stand de información. Asegúrate de que che selan a casilla correspondente despois de cada conferencia. A cantas máis presentacións asistas, maior será a probabilidade de que gañes estupendos premios. Podes visitar o stand de información para informarte dos premios e o horario dos sorteos.

O xoves 15 ás 12:00: *O Colexio Profesional: un recurso de utilidade na busca de emprego. SALÓN DE GRAOS
Representantes dos Colexios Profesionais de Economistas, POLITÓLOGOS e Sociólogos, Biólogos, Asociación Galega de Enxeñeiros Químicos.
*Modera: Arturo Casal Piñón, Presidente de Próximos Politólogos en Asociación (PROLOGOS).

Autobús gratuito entre o Campus Sur e o Norte entre ás 9.30 (ás 10.30 o día 15) e ás 19.30 con saída no edificio de FEUGA.

lunes, 12 de noviembre de 2007

Profesorado de Ciencia Política I e Ciencia Política II

¿Por que están vacantes as prazas de profesor de Ciencia Políta I e Ciencia Política II?

- A de Ciencia Política I quedou vacante porque a profesora que a impartía, Marta Lois, deu a luz e acolleuse ao período de maternidade.
- A de Ciencia Política II quedou vacante porque a profesora que impartía a asignatura, Isabel Díz (Tita), foi nomeada, a principios de xullo, Coordinadora da Oficina de Igualdade da USC, tendo dereito a unha reducción de docencia, dereito do que fai uso.
Ante isto, o equipo decanal pídelle ao Reitorado a apertura do procedemento administrativo, saíndo convocadas as prazas a principios de setembro. O proceso de selección de profesor dura un mínimo de 2 meses e medio, debido aos prazos establecidos pola Lei de Procedemento Administrativo. Desta forma, comezado o curso o proceso estaba á mitade.

¿Que fixo PROLOGOS?

PROLOGOS presionou para dar unha solución o máis rápida posible á falta de profesorado. O froito desta presión foi a reunión realizada o pasado xoves 8 de novembro entre o equipo decanal e as organizacións estudantís con representación na Xunta de Facultade. Tras unha longa e dura discusión, PROLOGOS conseguiu que a decana se comprometese a que nesta semana se incorporarían os profesores de Ciencia Política I e de Ciencia Política II, e que no caso de que algún dos 2 profesores non se incorporase, un profesor do Departamento de Ciencia Política asumiría a impartición da materia correspondente, sendo ésta, agora sí, materia de exame. Se este compromiso non se cumplise, PROLOGOS tomaría as medidas de presión pertinentes para facelo cumplir.

DEMAGOXIA. MENTIRAS e MANIPULACIÓN.

Non é certo que os que convocaron a folga ilegal do pasado mércores 7 de novembro fosen representantes do estudantado, pois estes non foron elixidos democráticamente polos estudantes de Ciencias Políticas. É vergonzoso e penoso querer arrebatar a vontade estudantil e a representación lexítima que deriva da mesma.

Míntese ao argumentar que esa folga ilegal era en defensa dos dereitos do estudantado, xa que quedou demostrado que o que había detrás diso era un interés única e exclusivamente electoralista, pois en ningún momento se buscou o consenso e o diálogo, nin se quixo contar coas organizacións estudantís que teñen representantes electos polos estudantes e nin tan sequera se intentou esgotar os cauces formais, para os cales os convocantes da folga ilegal non teñen capacidade de xestión ao non ser representantes de alumnos.
PROLOGOS ten claro que antes de apoiar e levar a cabo un acto antisistema, débese buscar o consenso e o diálogo cos actores implicados e responsables.
Condenamos o perxuizo que puido causar esa folga ilegal aos estudantes que desexaban acudir á súa aula, pois están no seu dereito ao ter pagado as taxas de matrícula.
Condenamos a demagoxia barata, as mentiras e a manipulación que se levou a cabo por parte de algúns nun tema tan serío e trascendente para o estudantado, e facemos un chamamento ao sentido común e á unidade estudantil.

jueves, 8 de noviembre de 2007

ANTÓN LOSADA EN ESTADO PURO

Interesante entrevista a Antón Losada, realizada por EL PAIS no mes de setembro, tralo seu cese como Secretario Xeral de Relacións Institucionais. Como sabedes Antón Losada é profesor da nosa facultade e durante os dous últimos anos formou parte do Goberno Galego.
"De todo lo que he leído estos días, la principal acusación contra mí es que soy una persona de mal carácter. Tengo que confesarme culpable, lo admito". "La manipulación a la que se somete la información política en los informativos de TVG me parece escandalosa"

A entrevista completa en: "El País"

sábado, 3 de noviembre de 2007

ESTUDANTES EN DEFENSA DA LIBERDADE


Un grupo de membros do Parlamento de Jóvenes y Estudiantes de Venezuela estiveron de visita por España e Francia para recabar apoios contra a reforma constitucional de Hugo Chávez.
Foron recibidos por membros gobernamentais de Francia, pola Asociación de Periodistas Europeos, por estudantes de Granada e Madrid, e tamen estiveron en Santiago convidados por PROLOGOS. Denuncian que a reforma constitucional supón o recorte de liberdades, a dependencia total de todos os poderes do Goberno e a militarización das institucións do Estado.

Na foto: Patricia Quiñones y Gustavo Gandica (membros do Parlamento de Jovenes y Estudiantes de Venezuela) con Arturo Casal, presidente de PROLOGOS.

Mais información: El correo gallego


 
Elegant de BlogMundi