CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

martes, 10 de junio de 2008

Dereitos Estudantís nos Exames

Dos exames


Tódo os estudantes matriculados nunha materia teñen dereito a realizar os exames finais. Tamén poderán realizar os exames parciais que estiveran previstos cando reunan os requisitos fixados para participar neles.


De cara á realización dos exames os estudantes deberán identificarse, cando así o solicite o profesor encargado da súa avaliación.Durante a realización das probas será obrigatoria a presencia do profesor que impartiu a materia, salvo causas xustificadas.


Os criterios de cualificación dos exames deberán darse a coñecer antes do seu inicio.Os exames finais deberán ser realizados nas datas e na modalidade aprobada pola Xunta de Centro con anterioridade ó prazo de matrícula, non cabendo máis modificacións cás derivadas de causas de forza maior. No caso de que se alteren as datas, garantirase o dereito a exame evitando as incompatibilidades.


Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental de terse presentado á proba ou exame.


Avaliación e cualificación


A cualificación das probas faraa pública o responsable da materia mediante unha lista oficial, nos lugares previstos para tal efecto no centro, e no prazo máximo fixado na normativa de ordenación académica.


Do dereito de revisión


Os estudantes teñen dereito a revisar o seu propio exame, nas datas e horarios fixadas polo profesor e publicadas xuntamente coas cualificacións.A revisión terá lugar no centro, sendo atendido polos profesores encargados da cualificación ou polo profesor que coordine a materia en casos excepcionais, de acordo coas normas aprobadas para tal efecto pola Xunta de Goberno.


Da impugnación das cualificacións


No caso de que o alumno considere que a cualificación outorgada supón un tratamento arbitrario ou discriminatorio poderá impugnala, mediante petición motivada dirixida ó decano ou director do centro no prazo de dez días dende a publicación da mesma.O decano ou director, no caso de admitir a trámite a impugnación, dará traslado ó órgano competente para a súa resolución de acordo co procedemento aprobado pola Xunta de Goberno.


Fonte: Estatuto do Estudantado da USC



SORTE NOS EXAMES!!!!!!!!

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi