CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

miércoles, 14 de enero de 2009

Tensións no BNG ante as Eleccións Galegas do 1 de marzo (II)

Movemento Pola Base denuncia a falta de democracia interna no BNG:

Propostas de candidatos ao Parlamento Galego no seo do BNG

Nestes días estase a realizar no seo do BNG asembleas comarcais para propor nomes para conformar as candidaturas desta organizacións as vindeiras eleccións do 1 de marzo. O procedemento a priori parece un método profundamente democrático senón fora pola trucaxe que se fai do mesmo desde o aparato do BNG.

A data da celebración das eleccións no mes de marzo non son sorpresivas para ninguén tan só colle desprevidos aos membros da Executiva e por ilo os prazos de debate non existen. A militancia impídeselle facer unha valoración do traballo levado a diante polo actual grupo parlamentar, non ten cabida a crítica, non ten cabida a opinión diferente a emanada dos cerebros ben pensantes do BNG; todo ilo debido a que as eleccións son o 1 de marzo preto de moi poucas semanas.

Impídese o debate e MANIPULANSE AS ASAMBLEAS para que o resultado das mesmas non sexa imposíbel de amañar na cociña do reparto de poder das familiar e grupos de amigos que hoxe controlan ao BNG. As trucaxes empezan no intre en que todo o proceso se inicia con retraso de xeito deliberado para así impedir o debate e en base ao argumento que o tempo apremia. Aplicase o regulamento de xeito manipulador dependendo do control que se teña da asemblea. Nuns casos propóñense nomes tan só, noutros propóñense nomes e forzase a votación nominativa e a man alzada para demostrar os apoios comarcais a determinadas propostas; noutros casos as asembleas non se convocan para tal fin e inclúese un punto na orde do dia de xeito sorpresivo porque do contrario o resultado seria moito malo para os que mandan.

O respecto as minorías non existen e pretendese vender como democracia gañar votacións. A democracia só existe cando se da un debate previo as votacións e un escrúpulos respecto as minorías ideolóxica, étnicas, lingüísticas ou de calquera outra índole. Desde o aparato do BNG non só se modifican as regras de xogo dependendo das forzas coas que se conta, senón que tamén se impide o debate e marxina a militancia que non comparte os postulados chegados desde arriba en base ao feito irrefutábel de que 6 sempre é máis que 4. Seis sempre será máis que catro en matemáticas puras pero en política os seis sen os catro pode quedar reducido a cinco ou incluso a menos. Nas matemáticas sábese imposíbel chegar a cuadratura do circulo pero en política este absurdo imposíbel teno acadado a UPG ao chamarse comunista e soberanista e ser ao mesmo tempo o motor e cerebro dunha acción de goberno de políticas neoliberais ao servizo do sistema e ao servizo da consolidación dun estado autonomista que nos nega como nación ate no máis básico: no idioma que empregamos todos os días.Galego no seo do BNG

Fonte: http://www.polabase.net

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi