CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

miércoles, 7 de octubre de 2009

Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a sexta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras.

Entre os obxectivos deste premio están o de desenvolver iniciativas anovadoras relacionadas coa planificación e normalización lingüísticas, e promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria respecto da situación da lingua galega.

Está dirixido a todos os membros da comunidade universitaria galega ben sexa a título individual, ben sexa de xeito colectivo a través da constitución de equipos de traballo, caso das comisións de normalización lingüística dos centros universitarios ou das asociacións estudantís.

As dúas modalidades de premio son:

- Modalidade A: Premio de 3000 euros ao deseño dunha acción normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
- Modalidade B: Premio de 1500 euros a unha idea para a promoción do galego que de xeito razoado explique unha proposta cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do galego no contexto universitario.

As tres universidades comprométense, sempre que for posible, a realizar a campaña que resulte gañadora ao ano seguinte ao da resolución do premio.

Consulta o texto íntegro da convocatoria

Tríptico informativo

No hay comentarios:

 
Elegant de BlogMundi