CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Peor que o franquismo

Se vostede viaxa por calquera estrada de Galicia non lle será difícil encontrar a unha pintada, letreiro, cruz ou calquer outro medio de expresión que denuncia un problema coa Administración. Así: "Pobo morto", "A Xunta róubame a casa ou a leira", "Non ó abuso do poder", "Negociación, xa", etc. Pero a que máis me chamou a atención era unha que había nunha plantación de albariño da estrada de Castrelo a Dena que dicía: "Socialismo peor que o franquismo". Parei e fíxenlle unha foto e vin un señor duns sesenta anos traballando e púxenme a falar con el, notábase moi cabreado cos políticos, enxeñeiros e Xunta por mor do Proxecto 550.

Despois de explicarme o seu caso persoalmente, creo que non era para menos, pois a verdade contoume unha historia moi interesante no aspecto humano, que demostra a ignorancia que moitos cidadáns temos da vinculación da terra á vida a pesar dese cariño, amor, integración do campesiño e campo.

Despois de escoitalo e de comprendelo díxenlle: pero home, non sería posible cambiar o slogan da pancarta pois así, a primeira vista, colócao a vostede nunha posición difícil.

Non, espetoume, deille moitas voltas antes de poñela e este é o que mellor os define. Aplican leis franquistas, como é a lei de expropiación forzosa de 1954, da clase máis rancia do franquismo, aplícanna da forma máis negativa para os cidadáns, con nocturnidade, pois ocultaron a súa publicidade para que non tivésemos tempo de alegacións, enganáronnos prometendo reducións que non fixeron.

Coa forza leváronnos as leiras por prezos irrisorios, non teñen en conta as nosas demandas, aparcadoiros e beirarrúas, non somos ninguén para eles nin nos teñen en conta para nada, así que está moi ben. Lástima que non sexan tamén eles condenados polo xuíz Baltasar Garzón.

Tuco de Cambados

Fonte: El Correo Gallego, 12.11.2008

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi