CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

jueves, 17 de abril de 2008

ELIMINACIÓN DA O.R.A.

A O.R.A (Ordenanza de Regulación do Aparcamento) supón para moitos estudantes un elevado custe. Por iso PROLOGOS defenderá dende o Claustro e instará á USC a que leve a cabo os trámites necesarios para que o Concello de Santiago de Compostela elimine deste imposto a todos aqueles universitarios que así o soliciten. A medida que se propón poderíase facer da seguinte maneira:

- Establecendo unha tarxeta O.R.A. Universitaria.

Esta tarxeta sería expedida polo concello ao igual que as outras tarxetas O.R.A.

Sería unha tarxeta gratuita.

Tería como único requerimento estar matriculado na Universidade de Santiago de Compostela.

E a documentación necesaria para poder obtela: Fotocopia do D.N.I., Fotocopia do Permiso de Circulación e do Seguro do Vehículo e Solicitude da tarxeta O.R.A. Gratuita cumplimentado.

A PROBLEMAS
DAMOS SOLUCIÓNS

No hay comentarios:

 
Elegant de BlogMundi