
Con este nome, a USC rende homenaxe á memoria do doutor Juan López Suárez, “Xan de Forcados”, quen tras a súa formación na Universidade Compostelana foi nun primeiro momento pioneiro nas estadías de formación e investigación noutros centros de Europa e América, e posteriormente co seu traballo dende a Junta de Ampliación de Estudios e a Comisión de Estudios en Galicia actuou como impulsor de programas de mobilidade que condederon bolsas de investigación a mozos galegos que puideron así ampliar a súa formación e contribuiron á mellora do ensino e da investigación realizados na nosa terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario