CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

lunes, 17 de noviembre de 2008

BALANCE DO II FORO DE EMPREGO

Próximos Politólogos en Asociación congratúlase polo éxito acadado no II Foro de Emprego, do cal formou parte do comité organizador.

Un ano máis, centos de estudantes e titulados universitarios visitaron os stand das empresas e institucións para coñecer de preto que é o que de eles demandan e que é o que lle ofrecen. Unha oportunidade única para poder acceder a un posto de traballo.

PROLOGOS felicita á USC por esta iniciativa e defende e demanda que se faga máis neste sentido, pois a relación universidade-empresa é necesaria e imprescindible, máis agora ante a crise económica que padecemos.

Un dos problemas que temos hoxe os universitarios galegos é a falta de emprego, debido a que en Galicia prevalecen as pequenas e medianas empresas, as cales non demandan este tipo de titulados. É preciso, polo tanto, que se atraia ás grandes empresas ao noso país e se facilite a expansión das PEMES.

O balance que facemos do II Foro de Emprego é moi positivo e esperamos e desexamos que continúe a súa andaina no futuro.

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi