CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

sábado, 22 de noviembre de 2008

Entrevista a Bautista Álvarez, ex-presidente da UPG

Próximos Politólogos en Asociación publica un extracto da entrevista de Bautista Álvarez realizada pola Axencia Galega de Noticias.

''O paso polo Goberno non é positivo nin negativo, era unha responsabilidade do nacionalismo"


P: Nese aspecto, que valoración fai da actuación do BNG no goberno?
R: Hai que estar alerta para que os obxectivos finais que nós perseguimos non se desvirtúen nin se desvíen por tácticas eventuais. Todos os militantes deben estar alerta para correxir os posibles desvios.O paso polo goberno era unha responsabilidade que había que asumir. Non se podía prolongar a agonía do goberno conservador que veu dirixindo o noso país desde practicamente 1981 e que deixou ermo competencias que poderían ser asumidas por nós. Non se podía consentir, e o BNG asumiu a súa responsabilidade nese momento, que era acabar con esa situación política. Nese sentido, o balance non é positivo nin negativo, era unha responsabilidade do nacionalismo.
P: E de momento, estase a facer ben?
R: Hai problemas, pero hai que ter en conta que é positivo o resultado. Non hai perfección suma. Hai moitas cousas que correxir pero temos que facelo internamente, son cousas que temos que discutir entre a militancia, non a través da opinión pública.
P: O obxectivo da autodeterminación segue estando presente?
R: Unha organización que se chama nacionalista ten que defender o dereito de autodeterminación, porque senón é unha falsedade. Na política, efectivamente, hai moitas falsedades que estamos véndo continuamente. Por exemplo, como se pode entender que un partido que se chama Partido Socialista Obreiro Español pode decir que non hai unha alternativa ao libremercado? Iso é contradictorio cunha definición de socialista.
P: As malas linguas din que vostede marchou non por razóns de edade senón por desacordo coa actuación do BNG.
R: Eu non fago caso das malas linguas, eu só acredito das linguas boas. Traéme sen coidado. Non é por iso, aparteime eu deliberadamente porque hai certas funcións que resultan difíciles a certa idade.
P: Ve factible que se poida contar cun Estatuto de nazón?
R: Claro que é factible, pero é que ademais hai competencias que están establecidas no Estatuto actual e que non están se desenvolver, por exemplo a comarcalización de Galiza ou a Policía Autonómica, xa que tamén está prevista a súa creación no Estatuto de Autonomía actual. Estamos reclamando o tráfico e a quen llo imos entregar? Aos voluntarios de Protección Civil? Ou a Guardia Civil ou a Policía Española? Porque aquí policía autonómica non hai, é Policía Nacional Adscrita, que depende orgánica e disciplinariamente do Ministerio do Interior e funcionalmente da comunidade autónoma na que presta os seus servizos, coa particularidade de que hai que pagala a medias.Empíricamente son contrapostas a autonomía e a autodeterminación, pero estamos no contexto no que nos atopamos, e temos que xogar no campo que nos marcou o sistema, mentras non tiñamos posibilidade de cambialo.
P: Un dos temas obxecto de debate é o lingüístico. Non ten medo de que chegue a callar na sociedade a mensaxe de que o castelán está en perigo?
R: Dáme a risa. Eu sempre cito unha anécdota, que é como nunha planta dun centro comercial en Ourense só hai dúas tendas con nomes en castelán e o resto está en inglés, así está a situación. Aqueles que están falando do perigo do español pola invasión do galego, é que serían fusilables, nos toman por tontos. É unha ofensa que nos están facendo aos que defendemos o noso idioma. Estes individuos teñen complexo de badocos. Odian o galego.

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi