CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

martes, 17 de marzo de 2009

Galicia: un funcionario debaixo de cada pedra

Galicia é a sexta comunidade autónoma con máis funcionarios, logo de Andalucía, Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana e Castela e León, pois conta cun total de 151.362, o que representa o 5,4 por cento da súa poboación.Así se constata logo de cruzar os datos do último censo de poboación do Instituto Nacional de Estatística (INE) coas cifras de empregados públicos que obran en poder do Ministerio de Administracións Públicas.

En Galicia é a provincia da Coruña a que conta con máis funcionarios (65.912), seguida de Pontevedra (45.923), Lugo (20.305) e Ourense (19.222).No resto do Estado español, Estremadura é a comunidade autónoma con máis funcionarios por habitante, xa que oito de cada cen estremeños traballa na Administración Pública, unha cifra que duplica á dos cataláns, dado que Cataluña é onde menos persoal deste tipo existe en proporción, cun 3,95 por cento da súa poboación.

Fonte: 15/03/2009 - EFE

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi