CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

jueves, 23 de octubre de 2008

Benvida, globalización

Como é unha boa noticia case non se divulgou que, segundo o Banco Mundial, a pobreza extrema no mundo se reduciu o 21 por cento nos últimos catorce anos.

Xa non podemos repetir tópicos carpideiros sobre os "pobos cada vez máis pobres e famentos" ou "a crecente poboación explotada". Adeus Karl, ola Groucho Marx.

Aínda hai, é certo, 2.600 millóns de persoas, case a metade do mundo en desenvolvemento -terceiro mundo-, que viven con menos de dous dólares diarios, pero este ingreso é máis do dobre que hai dez anos.

Os que peor se atopan viven en África, cuxos problemas, que nacen basicamente da corrupción interna, máis que da externa, son diferentes ós do resto do planeta. Non obstante, sobreviven alí o dobre de nenos ó nacer dos que o facían hai vinte anos, e chegan ós 15 anos máis do triplo que entón.

É que a historia humana debe medirse en grandes ciclos. Hai 10.000 anos o planeta tiña catro millóns de habitantes. No noso ano cero eran 170 millóns. En 1825, mil millóns.

En 1975 había 3.900 millóns e o Club de Roma dicía que en 2000 o mundo morrería de fame. Chegou o 2000 con 6.000 millóns, agora hai case 7.000 millóns e a supervivencia mellora.

Grazas á medicina e á xenética: na Asia do leste, o DDT fixo desaparecer o paludismo e o arroz transxénico librou da fame a centos de millóns de indios, chineses e indochineses. ¿Pode gritarse DDT e transxénicos, non? A liberalización comercial crecente permite ademais que eses asiáticos produzan bens e que os seus fillos vivan mellor. Globalización. Liberalización comercial. Progreso científico. Un mundo, ós poucos, menos pobre. Benvida, si, globalización.

Manuel Molares Do Val
http://cronicasbarbaras.blogs.com/about.html



Documental Globalisation is good! de Johan Norberg

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi