CANAL DE PRÓXIMOS POLITÓLOGOS

viernes, 31 de octubre de 2008

A USC mostra a súa repulsa polo atentado de Pamplona

Alumnos, profesores e persoal da Universidade de Santiago de Compostela gardaron hoxe un minuto de silencio en solidariedade cos feridos no atentado de onte con coche bomba na Universidade de Navarra.

Ás doce do mediodía e diante de cada centro de traballo cesou a actividade e, durante un minuto, concentráronse en silencio, como puido comprobar Efe no Campus Sur da capital galega.

Todas as universidades de España foran convocadas pola Conferencia de Reitores (CRUE) a gardar un minuto de silencio en protesta polo atentado de onte que causou feridas leves a unha vintena de persoas, e «en defensa da xustiza e a convivencia».

«A comunidade universitaria cre e defende firmemente a liberdade e a democracia, e sente especialmente consternada por este ataque terrorista realizado no seo da Universidade de Navarra», segundo reafirmou onte a CRUE nun comunicado.

No hay comentarios:


 
Elegant de BlogMundi